UvigoTV en:
Mediateca
Próximos directos
Contacto
Séguenos:

Servizo

Descripción

    Uvigo-TV é un servizo de televisión por Internet prestado pola Área das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (ATIC) da Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade da Universidade de Vigo.
    Agrupa tódolos servizos de transmisión de vídeo sobre Internet da Universidade de Vigo, poñendo á disposición dos usuarios da Universidade contidos audiovisuais de carácter educativo e institucional.
    Uvigo-TV, como televisión corporativa sobre Internet, permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede de Uvigo ou a todo Internet, según se desexe. A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Asimesmo, este sistema permite gravar eses eventos e facelos dispoñibles baixo demanda a través da Videoteca de Uvigo-TV.
    Para poder visualizar correctamente Uvigo-TV no seu equipo recoméndase ter instalada a última versión actualizada do reproductor Windows Media Player. É recomendable o emprego de Internet Explorer como navegador, aínda que tamén será posible a recepción de Uvigo-TV desde Linux ou Mac, facendo uso dos programas axeitados para a reproducción. Para poder acceder a Uvigo-TV en directo só é preciso premer en Uvigo-TV en directo.

Solicitudes

    Para a retransmisión dos eventos en directo requírese a solicitude do servizo a tv@uvigo.es. Para retransmisión de actos e o depósito de documentos na Videoteca de Uvigo-TV necesítanse os permisos legais correspondentes por parte dos poñentes.
    Pode solicitar que se lle envíen á súa conta de correo electrónico notificación das próximas transmisións que realizará Uvigo-TV en directo e avisos das últimas incorporacións á Mediateca do Servizo.

UvigoTV | Plaza Miralles. Local A3A | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986811937 | tv@uvigo.es       Accesibilidade | Aviso Legal
pmk_logo Powered by PumuKIT PRO V 1.60