Acto de homenaxe ao persoal xubilado no ano 2023 na Universidade de Vigo
Tras unha longa traxectoria profesional, 24 docentes e 11 traballadores de administración e servizos acolléronse á xubilación ao longo do ano 2023. A Universidade de Vigo non quixo deixar pasar a oportunidade de agradecerlles a todos eles e elas a súa entrega e dedicación profesional e persoal e fíxoo nun acto público de recoñecemento que tivo lugar no edificio Ernestina Otero.
Fonte: DUVI
Galego
Vistas totales:
338