#MáisUVigo. Jéssica 4 de xuño de 2024

Visto 121 veces

#MáisUVigo. Jéssica

Calidade HD

Cada ano, por estas datas, lanzamos unha mensaxe dirixida ao estudantado que se enfronta ás probas
da ABAU. Nesta ocasión e tras arrancar o proxecto @uvigoshow en TikTok en xaneiro de 2024,
convertemos as personaxes da canle nos emisores da nosa campaña institucional con toda a cor e coas
emocións para transmitir que cada vez ofrecemos máis posibilidades como universidade pública galega
e internacional.
Nas pezas amosamos a Jéssica, a nosa nini viguesa –a quen a mascota Oli espertou a súa fibra
académica no transcurso da miniserie da rede social onde se presentan de modo humorístico as
títulacións da UVigo–, imaxinándose enxeñeira ou filóloga. No audiovisual pódese apreciar que houbo
unha evolución fronte á súa desidia inicial e que agora xa é unha persoa chea de soños nos que o seu
futuro pasa pola formación nos nosos títulos.
Do mesmo xeito, e nunha segunda peza promocional, o seu compañeiro de andanzas, Álvaro, ten unha
revelación para ampliar o seu negocio, grazas ás títulacións académicas encadradas en Ourense. Na
edición deste vídeo volvemos contar co apoio da Deputación de Ourense para promocionar e dinamizar
os estudos deste campus.
Baixo o lema Máis UVigo seguimos reforzando o sentimento de pertenza a través da difusión das
melloras en todos os ámbitos do liderado e reputación da Universidade de Vigo. A súa calidade
investigadora, de transferencia de coñecemento, así como o seu compromiso coa ética, a lingua e a
cultura do territorio no que se asenta son parte da responsabilidade social de devolverlle á cidadanía
aquilo que nos achega e... máis.
Sen dúbida cremos que a estética conectada coas tendencias e cos estilos da xeración Z era o camiño
para poder falar coas novas audiencias.
Oxalá o conseguísemos.



Vídeos da mesma serie
#MáisUVigo. Jéssica
Calidade HD
4 de xuño de 2024
#MáisUVigo. Jéssica
Calidade UHD 4K
4 de xuño de 2024
#MáisUVigo. Jéssica
Formato vertical, 15sec
4 de xuño de 2024
#MáisUVigo. Álvaro
Calidade HD
4 de xuño de 2024
#MáisUVigo. Álvaro
Calidade UHD 4K
4 de xuño de 2024
#MáisUVigo. Álvaro
Formato vertical, 15sec
4 de xuño de 2024