Expo-feira científica 2026 “A ciencia que vén”
Organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación, pretende achegar a ciencia e a investigación da Universidade de Vigo á cidadanía dun xeito lúdico e participativo.
Ao longo da xornada, poden visitarse 20 obradoiros interactivos, onde grandes e pequenos poderán achegarse ao fascinante mundo da investigación científica. En horario de mañá, a feira recibe a visita do alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos do concello.
Pola tarde, a cita está aberta a todas as familias, con entrada libre e gratuíta, para que poidades gozar dunha tarde diferente e chea de curiosidade científica.
Galego
Vistas totales:
85