Quenda de preguntas. A 7ª edición das JAI reunirán na EE Industrial a máis de 700 profesionais e 400 estudantes 26 de feb. de 2018
Quenda de preguntas. A 7ª edición das JAI reunirán na EE Industrial a máis de 700 profesionais e 400 estudantes
A Escola de Enxeñería Industrial converterase do 12 ao 16 de marzo nun auténtico escaparate da Industria 4.0 coa celebración da sétima edición das Jornadas de Automatización Industrial, JAI 2018, un evento no que, tras desbordarse todas as previsións de asistencia, contará coa participación de máis 700 profesionais das principais empresas do sector e 400 estudantes, fundamentalmente do campus, pero tamén do resto de escolas de enxeñaría de Galicia. Estes son algúns dos datos achegados este luns polo coordinador das xornadas, o profesor José Ignacio Armesto, nunha rolda de prensa de presentación na que estivo acompañado polo reitor, Salustiano Mato, quen adiantou que todo indica que as JAI poderán dar en breve o salto e converterse na principal feira tecnolóxica deste sector no noroeste español, e por un convidado espacial, o robot humanoide Nao, que fixo unha pequena demostración das súas habilidades.