Variantes lingüísticas nas cantigas de Martín Codax e na lírica trobadoresca 21 de feb. de 2018

Visto 177 veces

Variantes lingüísticas nas cantigas de Martín Codax e na lírica trobadoresca

Conferencia

O académico da RAG Henrique Monteagudo reflexiona sobre as variantes lingüísticas nas Cantigas de Martin Codax. As sete cantigas do Pergamiño Vindel agochan pistas de variantes lingüísticas que axudan a coñecer máis a fondo a Martin Codax e o contexto xeográfico e temporal da súa escrita. Sobre as súas características gráficas, léxicas, morfosintácticas e fonéticas reflexionou este mércores na Facultade de Filoloxía e Tradución o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo. O seu relatorio encádrase dentro do programa de actos organizado co gallo da exposición do Pergamiño Vindel en Vigo

Henrique Monteagudo
Profesor titular de Filoloxía Galega, Universidade de Santiago de Compostela