Canción "Mundo ideal" 25 de nov. de 2016

Visto 798 veces

Canción "Mundo ideal"

Interpretación da canción por Noelia Solleiro

Un compromiso cos dereitos da infancia e cunha educación capaz de transformar a sociedade. Isto é o que agora simboliza para a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a placa que a recoñece na súa entrada como o único centro universitario que actualmente forma parte en España dunha rede que integra a máis de 10.000 escolas de 181 países. “Isto non é un ornato, mostra un compromiso cunha educación que transforma ás persoas e o mundo”, salientou a coordinadora da Rede de Escolas PEA-Unesco en Galicia, Luísa Márquez, responsable de descubrir esta placa xunto co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, no inicio do acto no que este centro do campus pontevedrés conmemorou este venres o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, celebrado o pasado domingo. Un acto, organizado polo profesor Jorge Soto, que tiña como obxectivo poñer de relevo a situación dos refuxiados e refuxiadas, cuxo drama se viu representado polo mar de mantas térmicas despregado no acceso á facultade e que serviu tamén para reivindicar a erradicación da violencia machista no día internacional da loita contra esta lacra social.

Presenta: Juan Manuel Corbacho Valencia
Vicerreitor do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo
Noelia Solleiro
Cantante
Equipo técnico Miguel Grandío
UvigoTV

Vídeos da mesma serie
Descubrimento da placa Unesco
Imaxes do comezo do acto e da chegada das autoridades
25 de nov. de 2016
“A educación é capaz de transformar conciencias”
Intervención de Jorge Soto
25 de nov. de 2016
Canción "Mundo ideal"
Interpretación da canción por Noelia Solleiro
25 de nov. de 2016
"O 83% das nenas do mundo non van á escola"
Intervención de Luísa Márquez
25 de nov. de 2016
Canciones "Gaudeamus Igitur" e "Vois Sur Ton Chemin"
Actuación do Coro Universitario de Pontevedra
25 de nov. de 2016