O Duvi recibe o premio 'uviguala 2018' de compromiso coa igualdade de xénero 8 de mar. de 2018

Visto 37 veces

O Duvi recibe o premio 'uviguala 2018' de compromiso coa igualdade de xénero

Día Internacional das Mulleres 2018

O día 8 de marzo - e cando cumpra- toca sumar forzas, protestar e esixir solucións aos problemas e obstáculos que atopamos día a día de xeito sistemático. Mentres a desigualdade exista, non parará a loita feminista! Vémonos na rúa”. Así remata o manifesto ao que tres alumnas de 4º curso do Grao en Linguas Estranxeiras deron lectura este mediodía, no acto institucional, que co gallo do Día Internacional das Mulleres 2018, celebrou a Universidade de Vigo. Coa lectura do texto, no que Irene Martínez, Laura Rodríguez e Iria Seijas denunciaron as discriminacións que as mulleres sofren nos ámbitos académico e laboral, finalizou un acto no as e os xornalistas encargados da redacción do Diario Dixital da Universidade de Vigo, Duvi, recibiron o VI Premio de Compromiso coa Igualdade de Xénero uviguala 2018 e no que a docente e investigadora do grupo Bifega Belén Martín Lucas ofreceu un relatorio titulado O carácter neoimperalista da ‘guerra conta o terror’: achegas dende os feminismos decoloniais. “Queda moitísimo por facer” asegurou o reitor, Salustiano Mato, na súa intervención, na que denunciou a involución que considera se está a producir no ámbito da igualdade nos últimos tempos. “Non basta con estar sensiblizados e cómpre ter unha formación específica”, dixo Mato, que animou a intensificar a loita e rematou a súa intervención facendo seu o lema da xornada de folga feminista convocada para mañá mércores “se as mulleres paran o mundo para”.


Vídeos da mesma serie
Día Internacional das Mulleres 2018
O Duvi recibiu o premio 'uviguala 2018' de compromiso coa igualdade de xénero
7 de mar. de 2018
O Duvi recibe o premio 'uviguala 2018' de compromiso coa igualdade de xénero
Día Internacional das Mulleres 2018
8 de mar. de 2018
Lectura do manifesto polo alumnado da Universidade de Vigo
Día Internacional das Mulleres 2018
8 de mar. de 2018
Discurso do reitor e peche do acto
Día Internacional das Mulleres 2018
8 de mar. de 2018