Acto de adhesión de Cantabria á Macrorrexión RESOE. Intervención de Ana Maria Pereira Abrunhosa 14 de mar. de 2017
Acto de adhesión de Cantabria á Macrorrexión RESOE. Intervención de Ana Maria Pereira Abrunhosa
Presidenta da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Centro de Portugal
Creada en setembro de 2010, a denominada Macrorrexión do Suroeste de Europa, RESOE, territorio que compoñen Galicia, Asturias, Castela e León e a zona norte e centro de Portugal, segue a medrar e a gañar masa crítica e faino coa incorporación de Cantabria, que hoxe se sumou a este proxecto “con todo o noso ánimo de traballar xuntos na defensa común das múltiples cuestións que a todos nos afectan”, tal e como como subliñou tras o acto de adhesión o seu presidente, Miguel Ángel Revilla, que compareceu ante os medios de comunicación acompañado do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; os seus homólogos de Asturias e Castela León, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, e os responsables das dúas rexións portuguesas, Fernando Freire de Sousa e Ana Abrunhosa.