Apertura dos premios “Ciencia que Conta 2013″ 14/12/2013

Visto 1436 veces

Apertura dos premios “Ciencia que Conta 2013″

É un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trata de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e o benestar da sociedade e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo de científicos e tecnólogos. Nesta 6º edición presentáronse un total de 265 relatos relacionados coa ciencia escritos por escolares de toda Galicia. A categoría de Secundaria foi a que tivo unha participación máis numerosa alcanzando os 126 relatos. Outros 90 foron escritos por alumnos de Primaria, 36 por alumnos de Bacharelato e 13 relatos foron enviados por participantes non escolares

Eduardo García Parada
Profesor Grupo Divulgatia, Universidade de Vigo