Intervención de Mónica Valderrama 11 de abr. de 2019

Visto 60 veces

Intervención de Mónica Valderrama

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle a celebración do Día das Redes Galegas, dirixido a pór en valor o traballo dos e as profesionais da xestión de redes sociais, así como o uso do galego nestas. Tralo acto inaugural, a xornada contará coas intervencións dos egresados e egresadas da facultade Adrián Aira, xestor de proxectos dixitais de Elogia; Jennifer Álvarez, creadora de contidos dixitais en Antena 3, e Laura Bastón, xestora de contidos dixitiais en Diariomotor; así como da xornalista Alba Mancebo, do Departamento de Contidos Web da Televisión de Galicia. O evento completarase, ás 12.00 horas, cunha mesa redonda na que participarán as e o conferenciante, moderada polo coorganizador das xornadas e coordinador do mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, Alberto Dafonte.

i18n.one.Series: Día das Redes Galegas
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Universidade de Vigo