Benvida o acto 28 de xuño de 2019

Visto 8 veces

Benvida o acto

Galicia destaca cun potencial enerxético medio de entre 30 e 35 quilowatts por cada metro de fronte de onda, valores que a sitúan como unha das zonas con maior potencial para xerar electricidade a partir da enerxía que produce o movemento das ondas do mar (undimotriz) e, tras a finalización do proxecto europeo LifeDemoWave, conta tamén coa capacidade tecnolóxica e o coñecemento necesario para que nos vindeiros anos poidan chegar a implantarse instalacións que acaden un papel importante como fonte de xeración eléctrica. Na sala 1 do edificio Miralles celebrouse o acto de peche deste proxecto, un traballo posto en marcha en 2015 impulsado por un consorcio do que formaron parte a Universidade de Vigo –a través de tres grupos de investigación das escolas de Enxeñaría Industrial e Telecomunicación-, dúas das súas spin-off (Quantum Innovative, que exerceu de líder do proxecto, e Hércules Control), o Cetmar e as empresas ACSM e Grupo Josmar.

Presidida polo reitor, Manuel J. Reigosa, quen se referiu aos resultados do proxecto como “absolutamente brillantes”, a xornada contou tamén coa participación de Emérito Freire, director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética do Instituto Enerxético de Galicia, Inega, quen non dubidou en afirmar que, tras a finalización deste traballo, “Galicia está nas mellores condicións para participar no desenvolvemento tecnolóxico e industrial dun sector que xogará un papel significativo na economía mundial nas vindeiras décadas”.

Fonte: DUVI

Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie