“Unha oportunidade de coñecer a realidade laboral da carreira que estudan e, ao tempo abrir os seus horizontes” 5 de mar. de 2020

Visto 53 veces

“Unha oportunidade de coñecer a realidade laboral da carreira que estudan e, ao tempo abrir os seus horizontes”

Intervención de Candela Janeiro Catoira, Coordinadora xeral do XX Foro Tecnolóxico de Emprego

O acto de apertura do foro serviu para que os tres directores das escolas e o reitor puxeran en valor o talento que nace no campus e a súa importancia para construír “un país máis próspero e competitivo do que a xente non teña necesidade de emigrar”, en palabras do reitor, que destaba o caracter industrial de Vigo e puña en valor o Vigo Tecnolóxico como catalizador dese talento. “Queremos ser un femento, unha peza clave dentro do redespertar da industrialización de Galicia” e, aínda que é “unha terefa de primeiro nivel que excede as nosas capacidades como universidade, a traves do campus de especialización podemos achegar excelentes titulados e xerar investigación e coñecemento”.

En total, ao longo dos tres días que dura o foro desenvolveranse diferentes actividades, dende unha feira con postos de empresas instalados no vestíbulo da EE de Minas e Enxería, pasando por talleres, conferencias, mesas redondas e obradoiros prácticos sobre dinámicas de grupo, personal branding, xestión de habilidades, claves para a inserción laboral en diferentes sectores, responsabilidade empresarial ou tamén con presentacións de empresas ou os avances e retos de diferentes sectores tecnolóxicos. En total, están implacadas arredor de 40 firmas de diferentes eidos, como Optare, Deloitte, Brainport, Cortizo, os diferentes colexios profesionais, Indra, Televés, R, Altia, Pescanova ou Finsa, entre outras, son xa veteranas no foro, e a elas súmanse novas incorporacións como o grupo Oesía, GBTec, Egatel ou PWC.

Fonte: DUVI

Candela Janeiro Catoira
Corrdinadora Xeral, Froro Tecnolóxico de Emprego 2020

Vídeos da mesma serie
“Unha oportunidade de coñecer a realidade laboral da carreira que estudan e, ao tempo abrir os seus horizontes”
Intervención de Candela Janeiro Catoira, Coordinadora xeral do XX Foro Tecnolóxico de Emprego
5 de mar. de 2020
“Dades un exemplo á comunidade universitaria do que é colaborar cun obxectivo común e remar na mesma dirección”
Intervención de Elena Alonso Prieto, Directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
5 de mar. de 2020
“Perfilar novas titulacións que sexan capaces de facer unha lectura do que se vai necesitar no futuro”
Intervención de Juan Pardo Froján Director da Escola de Enxeñería Industrial
5 de mar. de 2020
"Estes estudantes marcan un camiño"
Intervención de Iñigo Cuiñas Gómez, director de la Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
5 de mar. de 2020
“Queremos ser un fermento, unha peza clave dentro do redespertar da industrialización de Galicia”
Intervención de Manuel J. Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo
5 de mar. de 2020