Quenda de preguntas. Claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation 16 de set. de 2021

Visto 14 veces

Quenda de preguntas. Claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation

En menos dunha hora a vicepresidenta primeira del Gobierno e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital, Nadia Calviño, achegou ao estudantado e profesorado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo as claves da situación económica na que se atopa España, así como as expectativas de futuro que poden xerar no país os fondos europeos Next Generation. Nunha conferencia e posterior coloquio dirixido especialmente ao alumnado do centro, Calviño reiterou que a recuperación económica en España está en marcha e incidiu na oportunidade que cos fondos procedentes de Europa enfronta o país para ser máis verde, máis dixital, máis xusto e máis sostible. “O Plan de Recuperación é un exercicio de xustiza interxeracional”, asegurou Calviño, que tamén debullou os plans e reformas que o Goberno de España está a impulsar en ámbitos fundamentais, “porque definen a contorna onde ides desenvolver o voso futuro”.

Fonte. DUVI

Nadia Calviño
Vicepresidenta primeira del Gobierno e ministra de Asuntos Económicos y Transformación Digital
Modera: Jorge Falagán
Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais , Universidade de Vigo