Quenda de preguntas. Co vento a favor. O rol dun economista de empresa 20 de out. de 2021

Visto 34 veces

Quenda de preguntas. Co vento a favor. O rol dun economista de empresa

Ponente: Manuel Balmaseda - Economista xefe de CEMEX | Ciclo de conferencias organizado por la FCEE, la Fundación Mentor y la Fundación Banco Sabadell.

Actual economista xefe de Cemex, empresa líder en materiais de construción; colaborador habitual do FMI, da Comisión da UE, da OCDE e investigador visitante no Banco da Reserva Federal en Minneapolis, Manuel Balmaseda analizou este mediodía nun relatorio da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo o papel dos economistas de empresa no escenario postpandémico actual, avanzando ademais, as que, desde o seu punto de vista, son as previsión e ameazas ás que se enfronta e economía global. Balmaseda, que foi presentado no salón de actos do centro polo vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, participou coa súa conferencia no ciclo de relatorios organizado pola facultade, a Fundación Mentor e a Fundación Banco Sabadell.

Tras comezar a súa intervención resaltando as características que diferencian o traballo que realiza un economista de empresa, do dun homólogo académico ou do que desenvolve o seu traballo na banca, Balmaseda trasladou ás persoas asistentes ao relatorio unha descrición, desde o seu punto de vista, da situación actual do mundo, asegurando que “vese ben en 2021 e en 2022, pero é o momento de preparar o resto”, dixo. Segundo Balmaseda temos un crecemento alto en 2021, explicado polos efectos da pandemia, logo dunha gran recesión “na que, por exemplo, en España caemos un 11% e este ano medramos un 6%”, dixo o economista, que se referiu á pandemia como un terremoto global, fronte ao que se produciu unha reacción de política económica sen precedentes

Vídeos da mesma serie
Co vento a favor. O rol dun economista de empresa'
Ponente: Manuel Balmaseda - Economista xefe de CEMEX | Ciclo de conferencias organizado por la FCEE, la Fundación Mentor y la Fundación Banco Sabadell.
20 de out. de 2021