A mentalidade dos campións, superando límites 6 de out. de 2021

Visto 11 veces

A mentalidade dos campións, superando límites

Coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, co patrocinio de Artio.

Os cinco son atletas e os cinco teñen detrás de si unha historia de superación, de traballo en equipo e de loita polo éxito en distintas competicións deportivas, entre elas os Xogos Olímpicos e Paralímpicos. José Manuel Albentosa, Agustín Alejos, Caetano Horta, Alex Vidal e Carlos Pérez Rial, Perucho, compartiron este mércores as súas experiencias coa comunidade universitaria na charla La mentalidad de los campeones, superando límites, un coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, co patrocinio de Artio, e que puido seguirse de xeito presencial no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou a través do directo de UVigoTV. “Estou seguro de que se os valores do deporte se trasladasen á sociedade, a sociedade sería moito mellor”, recalcou o decano, Jorge Falagán, no seu saúdo de benvida aos deportistas convidados.

Presenta: Antón Ruanova
Triatleta e empresario galego
José Manuel Albentosa
Atleta olímpico en Seul 1988 na distancia de 10.000 metros
Agustín Alejos
Xogador de baloncesto en cadeira de rodas, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Río 2016 e Tokio 2020
Caetano Horta
Medalla de ouro no Campionato Europeo Xuvenil de Remo de 2020, na proba de dobre scull e participante tamén nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020
Carlos Pérez Rial, Perucho
Piragüista, medalla de ouro en K2 500 m nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008 e participante tamén nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, así como gañador de oito medallas –catro de ouro- no campionato mundial e sete –dúas de ouro- no campionato de Europa
Alex Vidal
Tetracampeón mundial e europeo na especialidade de taekwondo e participante nos Xogos Paraolímpicos de Tokio 2020

Vídeos da mesma serie
A mentalidade dos campións, superando límites
Coloquio organizado pola Universidade de Vigo e a Fundación Mentor, co patrocinio de Artio.
6 de out. de 2021