Stefania Barca e Marco Armiero presentan ‘Forces of reproduction’ e ‘Wasteocene’ 23 de feb. de 2022
Stefania Barca e Marco Armiero presentan ‘Forces of reproduction’ e ‘Wasteocene’
O Post-Growth Innovation Lab acheganos ao debate sobre os efectos do ser humano nos ecosistemas
Publicado por Cambridge University Press, os libros Wasteocene e Forces of Reproduction, dos investigadores Marco Armiero e Stefania Barca, permiten afondar nos efectos da actividade humana sobre os ecosistemas desde dúas visións alternativas á concepción habitual do Antropoceno, nunha presentación que ten lugar na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Trátase dunha actividade promovida polo Post-Growth Innovation Lab, o grupo de investigación coordinado por Mario Pansera, quen destaca a importancia de contar coa Universidade "con dous académicos do máis alto nivel", que , tomando como punto de partida os seus libros, promove unha actividade de carácter divulgativo e aberta ao público. Esta presentación, en inglés, permite ver a visión de Marco Armiero, director do Laboratorio de Humanidades Ambientais KHR en Estocolmo, sobre "a importancia da xeración do actual sistema de economía lineal" e que lévao a falar no seu libro da “era xeolóxica do lixo”, como sinala Pansera. A distinguida investigadora Beatriz Galindo da Universidade de Santiago de Compostela, Stefania Barca asume, por outra banda, unha visión crítica da “Historia do antropoceno”, en la que se retransmite “a diferenza entre o traballo produtivo e o reprodutivo”.
Pertencentes a unha serie, Elements in Environmental Humanities, que trata “a relación entre os estudos humanísticos e o medio ambiente”, Forces of Reproduction e Wasteocene serán o eixo dunha actividade que abre coa presentación das publicacións e dos seus autores por parte de dous investigadores predoutorais do Post-Growth Innovation Lab, o grupo que Pansera impulsou no campus como beneficiario da bolsa Starting Grant, do Consello Europeo de Investigación (ERC) polo proxecto Prospera. Nese senso, destaca o interesante desta iniciativa tanto á hora de contribuír o labor de internacionalización da Universidade como para promover unha interacción entre o grupo de investigación e dúas persoas “que son unha referencia mundial nos campos da economía ecolóxica feminista e da historia medioambiental”, con liñas de traballo “directamente relacionadas coa idea de innovación pos-crecemento” na que traballa o grupo. De feito, Barca é unha das investigadoras participantes no proxecto JUST2CE, que o grupo leva a cabo co financiamento do programa H2020, á vez que Armiero pon o foco en Wasteocene nun dos casos de estudo deste proxecto europeo, o do vertedoiro de residuos electrónicos de Agbogbloshie, na capital de Ghana.