Ensinar na Universidade de Vigo 6 de xuño de 2023

Visto 75 veces

Ensinar na Universidade de Vigo

As pezas publicitarias da campaña de comunicación 2023 destacan os elementos que constitúen a nosa identidade como universidade: creatividade, internacionalización, deporte, cultura, diversidade, investigación, transparencia, sostibilidade, innovación, transferencia, docencia, galego, dixitalización e excelencia.

Para transmitir un carácter positivo e moi vitalista, contamos un ano máis coa participación da comunidade universitaria: unha estudante, un investigador e un docente. Observamos como as persoas xogan coas caixas rotuladas co logotipo da institución nas cores representativas de cada campus. Cos seus diferentes tamaños, estas simbolizan toda a ilusión e o futuro e agochan os agasallos sorprendentes outorgados pola educación, ademais de representar as etapas posibles na carreira
académica, diversas en opción e en responsabilidade.

Na mesma liña de comunicación das anteriores campañas, a formación na universidade está aberta á cidadanía, é continua e factible en calquera momento da vida. Ademais reflicte e representa a matriz do relato no que a personalidade da Universidade de Vigo é a suma das nosas mellores características coma persoas diversas que nos converten en 100 % UVigo.

i18n.one.Series: 100 % UVigo

Vídeos da mesma serie