Entrega de diplomas ós alumnos do Grao en ADE, PCEO ADE-Enxeñería Informática e PCEO en ADE-Dereito 30 de xuño de 2023

Visto 8 veces

Entrega de diplomas ós alumnos do Grao en ADE, PCEO ADE-Enxeñería Informática e PCEO en ADE-Dereito

No salón de actos Marie Curie tivo lugar a graduación do alumnado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Tratouse da XII promoción do Grao de Turismo (29 estudantes); da XIII promoción do Grao de Administración e Dirección de Empresas (45); da V promoción do Programa Conxunto ADE-Dereito (17); da IV promoción do Programa Conxunto ADE-Enxeñaría Informática (6 estudantes) e da I promoción do Programa Universitario para o Emprego e a Vida Autónoma (6 alumnos). As madriñas académicas foron as profesoras Ana Gueimonde e Mª Xosé Vázquez e as institucionais Ana Mª González (directora de Recursos Humanos de Riu Hotels&Resorts) e María Sol Novoa (presidenta da Confederación Empresarial de Ourense). No acto entregáronse os premios aos mellores expedientes en ADE e Turismo, que nesta ocasión recaeron en Andrea García e Felipe Barcala respectivamente.
Fonte: DUVI

Alberto Vaquero García
Secretario, Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Vídeos da mesma serie