Mesa redonda 1: Ana Luísa Amaral, Ary dos Santos, José Saramago. Presentación de las ponentes 3 de xul. de 2023

Visto 3 veces

Mesa redonda 1: Ana Luísa Amaral, Ary dos Santos, José Saramago. Presentación de las ponentes

Especialistas galegos e portugueses participaron na Xornada Internacional O poético e o político na actualidade: exemplos dos ámbitos galego e portugués, unha actividade organizada polo grupo de investigación BiFeGa e que, ademais do público presencial no salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, conta tamén con numerosos asistentes en liña, integrantes na súa inmensa maioría do grupo de investigación Poepolit, que integra a máis dunha vintena de investigadoras e investigadores que están dispersos polo mundo, desde Brasil a México, pasando por Porto, Santa Bárbara ou Lancaster, dirixidos polo profersor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina Burghard Baltrusch, director da I Cátedra Intercional José Saramago da Universidade de Vigo.

O obxectivo da xornada é, tal e como explicou Baltrusch durante a apertura do encontro, “reflexionar sobre o poético e o político na actualidade nos ámbitos da literatura galega e portuguesa”, de maneira que se lle dea visibilidade aos diferentes proxectos e teses de doutoramento do ámbito da poesía contemporánea portuguesa e galega, moitos deles vinculados ao proxecto de investigación Poesía actual e política: conflito social e dialoxismos poéticos (Poepolit II), continuación directa de tres traballos de investigación previos, financiados polo Plan Nacional de I+D; así como a outros que se están a levar a cabo ao abeiro da Cátedra Saramago.
Fonte:DUVI

Presenta: Burghard Baltrusch
I Cátedra Internacional José Saramago, Universidade de Vigo