Que nos contan os arquivos e bibliotecas da variabilidade climática? Quenda de preguntas 8 de nov. de 2023

Visto 8 veces

Que nos contan os arquivos e bibliotecas da variabilidade climática? Quenda de preguntas

O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense arredor dos recursos hídricos financiado pola Xunta de Galicia, celebrou este mércores as conferencias inaugurais do seu Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento. Coa incorporación este curso académico de 10 investigadoras e investigadores, estes estudos contan xa con arredor de 90 persoas preparando as súas teses de doutoramento.

As conferencias, coas que se deu arranque oficial á programación 2023/2024 deste doutoramento, afondaron na relación da auga co clima, tratando de profundar na xestión territorial necesaria para un maior aproveitamento do recurso da auga ante un clima cambiante, e tamén sobre as posibilidades de coñecer o noso clima pasado a través da recuperación de datos históricos a partir de diferentes tipos de documentación. Sergio Vicente, profesor de investigación no Instituto Pirenaico de Ecoloxía (CSIC), falou de Cambios na dispoñibilidade de auga en España: a influencia da xestión do territorio e as demandas de auga nun escenario de cambio climático. Pola súa banda, Fernando Domínguez, investigador da Fundación ARAI na Universidad de Zaragoza, ofreceu o relatorio Que nos contan os arquivos e bibliotecas da variabilidade climática? Ao acto, que puido seguirse on line a través de UVigo TV, contou coa asistencia, entre outros de Roberto Ignacio Fernández, director do Campus Auga; Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; Raquel Nieto, directora do Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento; Emma González, xerenta do Inorde (Deputación de Ourense) e Carmen Sampayo, presidenta do Colexio de Economistas de Ourense.
Fonte:DUVI

Fernando Domínguez
Investigador da Fundación ARAI, Universidad de Zaragoza