CACTI. Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo 19 de set. de 2024
CACTI. Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo
Dotado de equipamiento singular, da apoio a universidades, empresas e centros tecnolóxicos
O CACTI ten como obxectivo a adquisición, xestión e utilización centralizada de grandes equipamentos científicos coa vocación de proporcionar apoio científico e tecnolóxico tanto ós membros da Comunidade Universitaria como ós Organismos Públicos de Investigación (OPIs), no ámbito nacional e internacional, e entidades privadas do noso entorno.
O CACTI cubre os servizos máis punteiros da investigación científica: Determinación Estructural, Proteómica e Xenómica, Nanotecnoloxía e Análise de Superficies, Microscopía Electrónica, Desenvolvemento Sostible e Seguridade Alimentaria (nos Campus de Vigo e Ourense), Detección Remota, Taller de Mecanizado e Servicio de asistencia técnica e calibración SATYCEL. Así, o CACTI nas dúas sedes de Vigo e Ourense, configúrase como un centro dotado dunha moi alta infraestrutura de investigación sen comparación na nosa contorna xeográfica.