Retrato das máis vulnerables: nenas en contextos de crise no Próximo Oriente antigo 20 de set. de 2024
- Turno de preguntas : 00:37:00
Retrato das máis vulnerables: nenas en contextos de crise no Próximo Oriente antigo
Esta xornada pretende dar a coñecer os estudos actuais acerca da posición da muller en situacións
de pobreza no mundo antigo levados a cabo por investigadoras e investigadores de prestixio, de
cara ao estudantado, ao mundo académico, e ao público xeral. A través das poñencias de 4 expertas
e expertos no tema, o alumnado tivo a oportunidade de facer cuestións relativas ás presentacións
das principais culturas da historia antiga: Próximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma. A continuación
realizouse unha mesa redonda coas catro conferenciantes e coa participación do público.
A xornada estivo dirixida ao estudantado do grao en Xeografía e Historia, especialmente dos cursos
2º e 3º do grao en Xeografía e Historia, e dos cursos 2º e 3º do PCEO en Turismo e Xeografía e
Historia, así coma á comunidade universitaria e a sociedade, en xeral.
Estas xornadas están financiadas no marco das actividades docentes que promovan a perspectiva
de xénero na Universidade de Vigo. Así mesmo, están incluídas, a nivel de contidos, no marco do
proxecto I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación: Vulnerabilidade Intrafamiliar e Política no
Mundo Antigo [PID 2020-116349GB-100/AEI/10.13039/501100011033]