Xogo Baile 23 de set. de 2026
Xogo Baile
Este vídeo forma parte do proxecto de innovación docente O baile tradicional galego na formación inicial do profesorado: unha proposta lúdica e audiovisual desde a Educación Física, coordinado por Rocío Carballo Afonson, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.
A iniciativa integra o baile tradicional galego na formación inicial do profesorado, combina sesións prácticas, reflexión didáctica e creación de materiais audiovisuais. A súa finalidade é ofrecer recursos útiles para que futuros mestres e profesorado de Educación Física poidan ensinar e traballar o baile tradicional galego na aula, desde unha perspectiva educativa, cultural e participativa.
As gravacións realizáronse co alumnado do Máster en Profesorado, especialidade de Educación Física, mediante unha produción multicámara e o uso de dron. Posteriormente, os materiais empregáronse co alumnado do Grao en Educación Primaria como recurso didáctico de apoio á formación inicial docente
