Técnicas de mellora de recoñecemento de caras en 2D
Videoconferencia plenaria dentro do
Simposio de Tratamento de Sinais, Imaxes e Visión artificial
organizado pola Pontificia Universidad Javeriana de Bogotá(Colombia)
|
|
Resumo:
A identificación automática dunha persoa a través
dos seus rasgos faciais é un campo de investigación moi activo. Nos últimos 15 anos producíronse avances importantes mediante técnicas aparentemente moi diferentes. Esta charla presenta as técnicas que marcaron as liñas de traballo de moitos grupos de investigación e describe algunhas das desenvolvidas no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. |