A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

Divulgare

A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares

03/03/2010
    Vídeo  |  Español  (4' 04'')  |  Visto: 3579 veces

Mediante este vídeo de animación 3D o laboratorio de Ecoloxía e Evolución das plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar o papel, descoñecido para o gran público, dos lagartos, como modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares. Estes reptís modifican a súa dieta en ambientes insulares incorporando moitos froitos carnosos. O inxerilos, estes froitos, dispersan as súa semente cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación que o laboratorio de Ecoloxía e Evolución das plantas da Universidade de Vigo realizou no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (España) coa financiación do Organismo Autónomo de Parques Nacionais. Presentase en HD 720p e foi creado para seren empregado de forma libre, como peza docente. Na medida do posible, o grupo Divulgare continuará a producir videos similares.