Conversa para saudar un novo curso. 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución
Conversa para saudar un novo curso. 25 anos da Facultade de Filoloxía e Tradución
Este 2024 está a ser un ano moi especial para a Facultade de Filoloxía e Tradución, que conmemora os seus 25 anos con esta denominación. Foi en febreiro de 1999 cando a Facultade de Humanidades aprobaba o cambio de nome que a convertería na Facultade de Filoloxía e Tradución, designación que segue vixente na actualidade. Para poñer en valor esta efeméride, o centro organizou este xoves un acto que tamén serviu para abrir este novo curso. O evento desenvolveuse a modo de conversa entre o decano actual do centro, José Montero, e tres dos antigos responsables do centro: Camiño Noia, Rosa Pérez e Luis Alonso Bacigalupe, que repasaron os fitos máis importantes destes 25 anos “lembrando a nosa historia pero non para quedarnos no pasado, senón para mirar adiante”, como recalcaba Montero. fonte:DUVI
19 de set. de 2024
Luis Alonso Bacigalupe
Profesor Titular da Área de Tradución e Interpretación, Universidade de Vigo
Camiño Noia Campos
Universidade de Vigo
Decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Rosa Pérez
Profesora Titular do Departamento de Lingua Española, Universidade de Vigo