Rolda de preguntas. Seminario sobre traducción e paratraducción de Tintín 25 Abr, 2018

Visto 82 veces

Rolda de preguntas. Seminario sobre traducción e paratraducción de Tintín

Tintín, Milú, Hernández e Fernández, o profesor Tornasol... os personaxes de Hergé son de sobra coñecidos, pero o que poucos e poucas saben é que Tintín a piques estivo de chamarse en España Pepito e o profesor Tornasol de ser coñecido como profesor Mariposa. Son algunhas das curiosidades que este mércores descubriu Pedro Rey, experto na obra de Hergé, nun relatorio sobre a tradución que tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución. Con esta conferencia ponse fin á exposición sobre Tintín organizada polo grupo de Tradución e Paratradución no centro e na que se recollía parte da colección de Rey, unha da maiores de mundo

Presenta: D. José Yuste Frías
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística, Investigador Principal do Grupo de Investigación TyP e Director dos programas Web-TV Zig-Zag, Exit e Pilulas TyP
D. Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy
Investigador doctorando do Grupo T&P, Universidade de Vigo
D. Anxo Fernández Ocampo
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística, Investigador Titular do Grupo de Investigación TyP
D. Pedro Rey Sanchez
experto na obra de Hergé - coleccionista