Turno de preguntas roda de prensa do lanzamento do picosatélite Xatcobeo 3 de feb. de 2012
Turno de preguntas roda de prensa do lanzamento do picosatélite Xatcobeo
Durante a rolda de prensa previa ao lanzamento do picosatélite XaTcobeo, previsto para o 13 de febreiro na Guíana Francesa a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou que este momento supón un fito para Galicia e que “o éxito é ter chegado ata aquí porque demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das telecomunicacións para competir a nivel internacional e súa capacidade de innovación e de crear equipamento tecnolóxico de última xeración”. Na rolda de prensa interviñeron o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, representantes de Instituto Nacional de Técnica Espacial (INTA), a Axencia Espacial Europea (ESA), e os coordinadores do Proxecto da Universidade olívica. A responsable de Innovación Tecnolóxica resaltou que “o proxecto é un éxito académico e de investigación”. Foi a Universidade de Vigo a que, en colaboración co Instituto Nacional Técnica Aeroespacial (INTA), puido desenvolver un proxecto punteiro, coordinando a 8 grupos de investigación, 30 doutores e 40 estudantes de postgrao. XaTcobeo é un picosatélite que responde ao estándar de enxeñaría CubeSat, que permite a construción de satélites a baixo custe e en prazos breves, o que permite o acceso á tecnoloxía espacial para empresas e universidades. Alumnado, docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e da Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense, foron os responsables do traballo de deseño, desenvolvemento, fabricación e integración, levado a cabo durante case catro anos. Pola súa banda, os investigadores do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial), ademais de supervisar as actividades levadas a cabo na Universidade, encargáronse de dar soporte na xestión e enxeñaría, desenvolvemento da carga útil de radiación e o mecanismo de despregue, así como dos ensaios. No proxecto participaron 60 estudantes, 32 enxeñeiros e oito grupos de investigación 60 estudantes, 32 docentes e oito grupos de investigación fixeron posible que a de Vigo sexa a primeira universidade europea en enviar ao espazo un CubeSat 1U construído cos estándares da Axencia Espacial Europea. O XaTcobeo despegará o vindeiro 13 de febreiro, catro días máis tarde do previsto por decisión da ESA, a bordo da lanzadeira Vega dende a Güiana Francesa e marcará un fito para a institución académica viguesa. Co picosatélite xa ensamblado na cabeza do foguete, o reitor, Salustiano Mato, cualifica o proxecto como “un rotundo éxito, o final dun camiño” que abre novas portas tanto á propia Universidade como ao tecido empresarial vigués e galego.