Video resumo do acto de inauguración do Edificio Tecnolóxico Aeroespacial 8 de abr. de 2016

Visto 829 veces

Video resumo do acto de inauguración do Edificio Tecnolóxico Aeroespacial

Cinco meses despois da constitución da súa fundación, o Centro de Innovación Aeroespacial, Cinae, xa dispón dun espazo para desenvolver a súa actividade. Coa Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca como membros fundadores e a participación no seu padroado das empresas e entidades privadas Airbus, Consorcio Aeronaútico Gallego (CAG), Deltavigo e a Unión de Empresas Gallegas de Aeronáutica (Udega), este “protocentro tecnolóxico”, chamado a convertese no principal foco de innovación e desenvolvemento do noroeste peninsular para o sector aeroespacial, conta desde hoxe cun lugar propio no Edificio Tecnolóxico Aeroespacial de Porto do Molle en Nigrán. No inmoble de máis de 6000 metros cadrados, promovido por Zona Franca e o Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa, Incyde, o Centro de Innovación Aeroespacial, que será o único de Galicia coa especificidade que precisan os sectores aeronáutico e aeroespacial, compartirá espazo cun viveiro de empresas tecnolóxicas, así como con empresas privadas.