HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 27 de feb. de 2015

Visto 11008 veces

HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015

Carreira e andaina

Que é?
A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF ou o Círculo Mercantil de Vigo.

A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015 quedarán inscritas automaticamente no circuíto. A andaina presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade enteira, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons.
Podes atopar máis información sobre este evento consultando o Regulamento da HappyGoRunning 2015.

Quen pode participar? As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde* e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina.


Vídeos da mesma serie
HappyGoRunning - Cidade Universitaria 2015
Carreira e andaina
27 de feb. de 2015