Lectura da secretaria xeral da Universidade de Vigo e entrada da candidata a Doutora Honoris Causa 2 de maio de 2018

Visto 101 veces

Lectura da secretaria xeral da Universidade de Vigo e entrada da candidata a Doutora Honoris Causa

Considerada unha referencia mundial nos ámbitos da microcalorimetría e calorimetría diferencial de barrido, a catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela María Inmaculada Paz Andrade foi a primeira muller nomeada, en 1979, visiting research professor da Universidade de Manchester. Previamente, en 1964, foi tamén a primeira profesora adxunta interina na USC, onde en 1983 se convertería na primeira catedrática de Física Aplicada e preto de tres décadas despois sería tamén a primeira investigadora recoñecida coa medalla de ouro da Real Sociedad Española de Física. Este mércores, aos seus 89 anos converteuse na primeira pontevedresa nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Vigo nun acto celebrado na Escola de Enxeñaría Forestal, a carón da parroquia de Lérez, onde naceu en 1928.

Gloria Pena Uris
Secretaria Xeral da Universidade de Vigo, Universidade de Vigo
Organiza: Luis Pena Morandeira
Coordinador de producción, cámara, realizador e editor audiovisual, UvigoTv - CampusdoMarTV