Enxeñaría Insitu 3 de maio de 2017
Enxeñaría Insitu
A Escola de Enxeñaría e Telecomunicación acolle o Atlantic Geospatial Day, unha xornada organizada polo Mestrado de Xeoinformática, coa finalidade de abrir o sector xeoespacial ao público en xeral. Esta segunda xornada céntrase no papel dos drones na insdustria xeoespacial. O programa conta coa participación de representantes de destacadas empresas do sector como GMV, Indra, Babcock, Marine Instruments, Inta, Ingeniería Insitu, Fosbos Solutions, Aerialworks e UAV Instruments. A actividade reune a investigadoras e investigadores do ámbito da xeoinformática, un campo profesional centrado no estudo dos datos xeográficos e espaciais xerados a través do emprego das novas ferramentas dixitais, e será un lugar de intercambio de información entre todos os axentes interesados no desenvolvemento do sector, tanto para a adquisición de coñecemento como para o establecemento de redes de colaboración e traballo.