Benvida a cargo do reitor da Universidade de Vigo 11 Mai, 2015

Visto 1234 veces

Benvida a cargo do reitor da Universidade de Vigo

A Universidade celebra a súa incorporación á Fundación Triptolemos para o desenvolvemento agroalimentario, entidade gobernada por un padroado presidido por Federico Mayor Zaragoza, e da que hoxe forman parte 27 universidades de toda España -17 delas co selo de Campus de Excelencia-, o Centro Superior de Investigacións Científicas, organismos de consumidores, Banco de Alimentos e algunhas das empresas máis representativas do sector alimentario español como Danone, Freixenet, Gallina Blanca ou Nestlé España.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo