“A Universidade de Vigo incorpórase a Triptolemos e con ela chega a frescura marítima que lle faltaba á fundación” 11 de maio de 2015

Visto 1135 veces

“A Universidade de Vigo incorpórase a Triptolemos e con ela chega a frescura marítima que lle faltaba á fundación”

A Universidade celebra a súa incorporación á Fundación Triptolemos para o desenvolvemento agroalimentario, entidade gobernada por un padroado presidido por Federico Mayor Zaragoza, e da que hoxe forman parte 27 universidades de toda España -17 delas co selo de Campus de Excelencia-, o Centro Superior de Investigacións Científicas, organismos de consumidores, Banco de Alimentos e algunhas das empresas máis representativas do sector alimentario español como Danone, Freixenet, Gallina Blanca ou Nestlé España.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Ponente: José Manuel Silva
Ex-director xeral de Agricultura da UE e doutor honoris causa. Encargado de coordinar a relación da Universidade de Vigo coa fundación Triptolemos