Quenda de preguntas. Lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación 23 de set. de 2016

Visto 1234 veces

Quenda de preguntas. Lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación

Mesa redonda: A formación e practica da tradución e interpretación

Moita ilusión, esforzo, compromiso e, por que non, unha pinga de sorte. Estes parecen ser os ingredientes básicos para unha receita moi particular, a do éxito profesional, neste caso no eido da Tradución e a Interpretación. María Reimóndez, Eva Almazán e Rosa Camiña, alumnas das primeiras promocións do Grao en Tradución e Interpretación e hoxe profesionais de prestixio volveron este venres ao campus para compartir cos seus futuros compañeiros e compañeiras, hoxe estudantes, lembranzas, vivencias e consellos que os axuden a abrirse paso no mercado laboral. Que as levou a estudar esta titulación, inexistente ata aquel momento en Galicia, como foron os seus inicios profesionais ou que papel tivo a súa formación en relación aos avances acadados na normalización do galego foron algúns dos temas que tiveron a oportunidade de tratar ao longo da mesa redonda 25 anos de formación de tradutores e intérpretes na FFT, actividade organizada pola Delegación de Alumnado coa colaboración da profesora Ana Luna, responsable do Grupo Bitraga, ao abeiro das actividades organizadas con motivo do 25 aniversario da titulación e da celebración do Día Internacional da Tradución. Deulles a benvida o decano do centro, Luis Alonso Bacigalupe, que non puido evitar enorgullecerse da exitosa traxectoria profesional destas tres exalumnas. Tras a súa intervención, Manuel Arca, presidente da Delegación de Alumnado, encargouse de resumir con máis detalle o currículo de cada unha e, xa despois, foron elas as que comezaron o intercambio de impresións, cunha mesma pregunta como punto de partida: por que te decantaches por Tradución e Interpretación?

Presenta: Manuel Arca
Presidente, Delegación de Alumnado FFT
Eva Almazán
Tradutora
Rosa Camiña
Tradutora
María Reimóndez
Tradutora e prologuista do libro

Vídeos da mesma serie
Benvida e apertura da mesa redonda "A formación e práctica da tradución e interpretación"
A formación e practica da tradución e interpretación
23 de set. de 2016
Que é AGPTI, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
Mesa redonda: A formación e practica da tradución e interpretación
23 de set. de 2016
Ex-alumnas de Tradución e Interpretación comparten lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación
Convidadas pola Delegación de Alumnado, tres dos nomes máis destacados do panorama nacional neste eido
23 de set. de 2016
Quenda de preguntas. Lembranzas, vivencias e consellos para os estudantes do grao en Tradución e Interpretación
Mesa redonda: A formación e practica da tradución e interpretación
23 de set. de 2016