Quenda de cuestións e debate 19/10/2017

Visto 275 veces

Quenda de cuestións e debate

Trazar unha panorámica sobre o sistema da arte actual en Galicia é desde hai cinco anos o motor de Conversas con Arte, o foro que a Área de Extensión do campus promove xunto coa produtora Latamuda. Tras centrar a súa anterior edición no legado do colectivo Atlántica, o coloquio que se desenvolve na Casa das Campás arrincou debatendo os posibles nexos de unión entre as novas xeracións de artistas galegos. A denominación da Xeración Noroeste, proposta polo coordinador do foro, Francisco Porto, como o termo no que agrupar “a unha xeración de artistas, a maior parte saídos da Facultade de Belas Artes, que teñen como característica en común a multidisciplinariedade e a relación co territorio”, serviu como punto de partida á primeira das dúas mesas que integran o seu programa. Nela participaron a artista e comisaria Montse Cea, quen falou do seu traballo tanto con artistas novas e novos como con xeracións precedentes, o artista Enrique Lista e o investigador e titulado en Historia da Arte Daniel López. Tras este primeiro coloquio, o foro completa a súa quinta edición cunha mesa dirixida a afondar, como explica Porto, en “como a arte contemporánea está hibridando con outras facetas profesionais e sobre como se está tratando noutras facetas profesionais a parte artística”.Nela participan a directora de Esdemga, Lola Dopico, do profesor da USC Miguel Anxo Rodríguez, e o ilustrador e egresado de Belas Artes Kiko da Silva, director da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético.

Francisco Porto Varela
Editor e Director da revista dixital de arte Latamuda
Kiko da Silva
Historietista, debuxante, ilustrador, director de O Garaxe Hermético
Lola Dopico
Profesora Belas Artes, Universidade de Vigo, Directora de ESDEMGA: Escola de Estudos Diseño Textil e Moda de Galicia
Miguel Anxo Rodriguez
Profesor na Facultade de Xeografía e Historia, USC

Vídeos da mesma serie
Intervención de Daniel Lopez
Investigador do Departamento de Historia da Arte da USC
19/10/2017
Intervención de Monse Cea
Artista e comisaria
19/10/2017
Intervención de Kiko da Silva
Historietista, debuxante, ilustrador, director de O Garaxe Hermético
19/10/2017
Intervención de Lola Dopico
Directora de ESDEMGA: Escola de Estudios de Deseño Textil e Moda de Galicia
19/10/2017
Intervención de Miguel Anxo Rodríguez
Profesor na Facultade de Xeografía e Historia, USC
19/10/2017