Ronda de preguntas da conferencia ofrecida polo ministro de Xusticia. 03/10/2011

Visto 1905 veces

Ronda de preguntas da conferencia ofrecida polo ministro de Xusticia.

“Débese aprender dos erros cometidos e por iso non se precisa de máis liberalismo e máis mercado, senón dun reforzamento do que é de todos”. Con estas palabras a favor do control público, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, inaugurou cun relatorio o curso 2011/2012 do Grao en Dirección e Xestión Pública, nunha intervención na que reivindicou a supremacía do poder do Estado sobre o privado “para que os mercados se movan libremente dentro de escenarios regulados, sen provocar situacións de crise como a que se está a vivir”. O ministro, acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e polo presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, destacou o bo facer dos xestores públicos “de aí que universidades, facultades e graos como o de Dirección e Xestión Pública sexan tan importantes para acreditar o que se pode facer dende o público”.

Presenta: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo
Francisco Caamaño Domínguez
Ministro de Xustiza, Goberno de España