Agradecemento e despedida 28 de set. de 2018
Agradecemento e despedida
Co obxectivo de que a cidadanía poida descubrir, nalgúns casos, a existencia, e noutros, a actividade que realizan os centros de investigación da institución académica, atlanTTic, CIM e Cinbio, desenvolverán un programa de actividades que permitirán ás e os participantes descubrir “a investigación que se fai na Universidade e que o coñecemento que obtemos é útil para o benestar da sociedade”, explicou Belén Rubio, vicerreitora de Investigación na presentación das xornadas de divulgación científica e tecnolóxica. De balde e previa inscrición, calquera persoa, tanto adultos como nenas e nenos, poderán participar neste programa de actividades que está financiado pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia cofinanciada polo FEDER, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.