Rolda de preguntas. Desafíos na descarbonización do transporte 26 de out. de 2018

Visto 20 veces

Rolda de preguntas. Desafíos na descarbonización do transporte

A sede en Vigo da Fundación Barrié acolle o obradorio anual da Cátedra Fenosa, centrado nesta ocasión na descarbonización do transporte.

A conferencia plenaria correrá a cargo de Georgina Santos da Cardiff University. Editora das revistas Research in Transportation Economics e Transport Policy, exprofesora nas universidades de Cambridge e Oxford e no pasado membro do consello de economía do transporte da Academia de Ciencias dos EE.UU, analizará na súa conferencia os retos que se enfrontan na devandita descarbonización.

A continuación celebrarase unha mesa redonda na que tomarán parte representantes de Naturgy e da Autoridade Portuaria de Vigo entre outros.

Georgina Santos
Senior Lecturer, School of Geography and Planning, Cardiff University
Modera: Xavier Labandeira Villot
Catedrático de Economía na Universidade de Vigo e director da Florence School of Regulation-Climate.