"Necesitamos soporte económico e político e por parte das autoridades locais debe haber facilidades ao principio ata que poidamos amosar que estamos á par con outros grupos" 17 de dec. de 2018
Visto 28
veces
"Necesitamos soporte económico e político e por parte das autoridades locais debe haber facilidades ao principio ata que poidamos amosar que estamos á par con outros grupos"
Rolda de prensa de presentación do investigador Maurizio Battino co gallo da súa incorporación á Universidade de Vigo, onde se encargará da dirección do Nutrition and Food Science Group. O bioquímico alimentario, que supera as 20.000 citas, é director científico do Center for Nutrition & Health da Universidad Europea del Atlántico e docente da Università Politecnica delle Marche.
Battino, xunto ao tamén investigador da Universidade de Vigo Jesús Simal, está incluído no Highly Cited Researchers List (HCR), o Listado das e dos investigadores máis citados do ano 2018, elaborado por Clarivate Analytics.
i18n.one.Series:
Presentación do investigador Maurizio Battino co gallo da súa incorporación á Universidade de Vigo
Presenta:
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor, Universidade de Vigo
Vídeos da mesma serie