Presentación de David Álvarez 20 de mar. de 2019

Visto 16 veces

Presentación de David Álvarez

Rebelde e irreverente. Así era Pippi Långstrump, personaxe literaria creada pola escritora sueca Astrid Lindgren en 1945, a inesquecible nena de pencas na cara e trenzas laranxas coa que rapazas e rapaces de todo o mundo viviron aventuras ata convertela en toda unha icona contemporánea. O libro, de 1945, foi traducido a máis de 70 idiomas, pero non foi ata 2017 que puido lerse no idioma de Galicia, baixo o título Pippi Mediaslongas, grazas ao traballo de David Álvarez, filólogo e apaixonado da cultura xermánica.

Escandalizados polos seus xestos e comentarios, moitos adultos tachárona de mal exemplo para a infancia, pero o éxito desta nena foi imparable: rebelde, transgresora e desclasada, independente, simpática e extrovertida, Pippi rompía cos estereotipos e actuaba de forma contestataria fronte aos maiores. “As súas accións motivadas polo absurdo, a espontaneidade ou a provocación, evidencian as convencións da escola, da familia e da sociedade da época”, lembran na web de Kalandraka, a editora especializada no público lector infantil que fixo posible este proxecto.

Presenta: Lara Domínguez
Profesora Asociada Área de Tradución e Interpretación, Departamento de Tradución e Lingüística, Facultade de Filoloxía e Tradución. Universidade de Vigo
Relator/a: David Álvarez
Filólogo e tradutor das obras de Pippi Mediaslongas do sueco ao galego