Como recoller as mostras para as PCR mediante saliva 30 de set. de 2020

Visto 1412 veces

Como recoller as mostras para as PCR mediante saliva

A partir do xoves, día 1 de outubro, xa ten dispoñible na conserxería do seu centro, o tubo para a recollida de mostras aos efectos da realización dos tests masivos PCR sobre saliva, tal como se informou o pasado 9 de setembro. O dito tubo poderá recollerse os días 1, 2 e 5 de outubro, en horario de mañá e tarde.
A entrega da mostra de saliva farase exclusivamente o día 6 de outubro, en horario de mañá e tarde nas conserxerías dos centros. Para isto, no exterior das conserxerías habilitarase unha mesa onde se colocarán as gradillas para tubos de ensaio. Cada persoa que realice a proba depositará o tubo directamente na gradilla.

A toma da mostra da saliva terá que realizarse a primeira hora da mañá antes do almorzo o propio martes día 6 de outubro, e non se deberá tomar nin utilizar ningún produto (pasta de dentes, colutorio...) antes da súa realización.

Para a obtención da mostra de saliva, proceda de acordo as instrucións que acompañan o Kit de recollida de mostra.

Ten á súa disposición un vídeo explicativo do proceso para a toma da mostra.

As persoas que realicen a proba seguirán o seguinte procedemento para o seu rexistro:

Unha vez se introduza a mostra de saliva no tubo e antes da súa entrega para o seu procesamento deberase rexistrar o código de barras do tubo na aplicación poolingvigo.com.

Para o proceso de rexistro enviaráselles un código de identificación persoal QR mediante un correo electrónico, sms e ligazón na Secretaría Virtual.

Este procedemento permite cargar automaticamente o QR persoal na aplicación poolingvigo.com para simplificar o proceso.

Unha vez aberta a aplicación escanarase ou fotografarase o código de barras do tubo e prememos aceptar.

O correo coa ligazón enviarase o próximo luns a través de correo electrónico, de sms ao móbil e o enlace mostrarase na Secretaría Online.

RESUMO DAS FASES DO PROCESO

FASES DESENVOLVEMENTO DATA
1. Recollida de tubos Nas conserxerías dos centros. 1, 2 e 5 de outubro mañá e tarde
2. Rexistro de mostras Na aplicación poolingvigo.com 6 de outubro
3. Entrega das mostras Cada persoa deposita a mostra nas gradillas. Martes 6 de outubro. Mañá e tarde

Autor/a: Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie