Encontro dixital con Luis de Guindos, vicepresidente do Banco Central Europeo 9 de dec. de 2020
Encontro dixital con Luis de Guindos, vicepresidente do Banco Central Europeo
Ciclo Coloquios en tempos de pandemia, que organiza a FCCEE
O vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luis de Guindos, ofrece un encontro dixital, dentro do ciclo Coloquios en tempos de pandemia, que organiza a FCCEE, no que abordará cuestións como a análise do papel dos bancos centrais, as claves da actual crise fronte á de 2008, as medidas excepcionais propostas polo BCE e os eixos de futuro para a recuperación económica. O encontro con De Guindos, organizado pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), poderá seguirse, desde as 11.30 horas, tanto en liña (previa inscrición), como de xeito presencial, no salón de actos da facultade.
A docente e investigadora da FCCEE e exsecretaria de Estado de Economía, Irene Garrido, será a encargada de moderar o diálogo, que abrirán o reitor da UVigo, Manuel Reigosa; o presidente da CEP, Jorge Cebreiros e o decano do centro, Jorge Falagán.
O coloquio co presidente do BCE é o segundo dos actos encadrados no ciclo Coloquios en tempos de pandemia, unha inciativa da FCCEE, con periodicidade mensual, que ten o obxectivo de converter á UVigo nunha canle para o diálogo entre os protagonistas da actualidade no ámbito empresarial e económico. O ciclo iniciouse coa participación do director xeral do grupo Zendal, Andrés Fernández.