Entrega dos II Premios Consello Social UVigo-Humana 18 de dec. de 2020
Entrega dos II Premios Consello Social UVigo-Humana
A Asociación Provivienda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade son as entidades que o venres 18 de decembro recibiron o II Premio Consello Social UVigo-Humana, galardóns que recoñecen o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que sobresaísen pola súa traxectoria en calquera ámbito vinculado coa solidariedade e a cooperación.
No acto destacouse que as dúas entidades representan o traballo “extraordinario” que se está facendo desde a comunidade galega para axudar a conseguir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, son o presente, pero desde a UVigo póñense tamén en valor o futuro, “a canteira”, recoñecendo o compromiso do seu alumnado máis implicado con todas estas causas cos premios aos mellores TFM/TFG en materia de Axenda 2030.