30 anos da creación de Educación Social e de Traballo Social 22 de nov. de 2024
30 anos da creación de Educación Social e de Traballo Social
Sementando futuro social
Baixo o lema 30 anos sementando futuro social, a Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo celebra os 30 anos da creación das titulacións de Educación Social e de Traballo Social no campus de Ourense. No acto houbo unha homenaxe ás persoas pioneiras e un diálogo sobre o pasado, presente e futuro destes graos nas que participaron diferente xeracións implicadas nestes estudos, tanto de profesorado como de alumnado.
Nun acto ao que asistiron Manuel Reigosa, reitor da Universidades de Vigo, e Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social quixo trasladar o agradecemento da institución académica a “todas e cada unha das persoas que neste tempo o fixeron e seguen facendo posible” os citados estudos.
As titulacións de Educación Social e Traballo Social no campus de Ourense, lembrouse no acto, arrancaron coa publicación da súa creación no Boletín Oficial do Estado, no nº 280, do 23 de novembro de 1994, adscritos á entón Facultade de Humanidades. Trinta anos despois, forman parte da oferta académica da hoxe Facultade de Educación e Traballo Social, centro que ten como misión, tal e como seu subliñou na homenaxe, “contribuír a unha comunidade de aprendizaxe na que se formen profesionais competentes e, sobre todo, comprometidos coa igualdade, a xustiza social, a equidade e a inclusión, e se desenvolvan investigacións que posibiliten a mellora da vida das persoas, con especial atención ás máis vulnerables”.
Fonte: DUVI