Sobre corpos e territorios vulnerados 3 de maio de 2021

Visto 12 veces

Sobre corpos e territorios vulnerados

Conferencia

Un termo cada vez máis visible na sociedade cando se fala de vítimas de violencia de xénero é o de dobre vitimización. Con el preténdese expresar como mulleres en situacións de violencia viven unha segunda violencia cando son tratadas polo sistema, por exemplo cuestionando o seu testemuño. A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá o 3 de maio, a través do Campus Remoto da UVigo, a celebración da xornada Cómplices. A violencia machista institucional. Unha abordaxe integral. Nela, expertas de diferentes eidos, como o dereito, a medicina e o traballo social, abordarán como mellorar a acollida e atención ás mulleres en situación de violencia e evitar así esta dobre vitimización.

Presenta: Iria Vázquez Silva
Profesora de Socioloxía, Universidade de Vigo
Olalla Villaronga Seoane
Psicóloga social