Presentación dos compoñentes da Mesa Redonda: Ollando ao futuro desde a empresa galega 19 de maio de 2021
Presentación dos compoñentes da Mesa Redonda: Ollando ao futuro desde a empresa galega
Os fondos europeos van permitir o despegue do proceso de transformación que España necesita e a Cámara de Comercio de España vai pór todo o seu empeño en logralo. Así o expuxo o seu presidente, José Luis Bonet, na Xornada Recuperación económica post-covid e fondos Next Generation, organizada pola Escola Universitaria de Estudos Empresariais con motivo do seu centenario. Presentado pola directora da escola, Consuelo Currás, Bonet resaltou a “oportunidade histórica para a transformación da economía” que representa o financiamento con 140.000 millóns de euros destes fondos europeos e o papel que terán as cámaras de comercio na súa xestión.
Ademais da conferencia de José Luis Bonet a xornada completouse coa mesa redonda Ollando ao futuro desde a empresa galega, que contou coa intervención do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros; Luis Alves, do grupo Optare Solutions, compañía líder na integración de sistemas en operadores de telecomunicación, e Pablo Louro, delegado de Gadisa en Pontevedra, e que foi moderada pola profesora da Universidade de Vigo Lucy Amigo, actual decana do Colexio de Economistas de Pontevedra