Xornada Portas Abertas CINTECX 2021 15 de feb. de 2022

Visto 32 veces

Xornada Portas Abertas CINTECX 2021

Co obxectivo de abrir os laboratorios á cidadanía e achegar a investigación científica e tecnolóxica á sociedade naceu en 2018 o programa Divulgando Ciencia Singular, unha iniciativa para que os centros de investigación da Universidade de Vigo dean a coñecer de primeira man o traballo que desenvolven. O Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxías e Procesos Industriais) ofrece un programa que comprende unha serie talleres e charlas destinados ao alumnado de Bacharelato de colexios e institutos galegos .


Vídeos da mesma serie