Espazo Incuvi, punto de encontro do emprendemento universitario. 17 de feb. de 2022

Visto 85 veces

Espazo Incuvi, punto de encontro do emprendemento universitario.

As novas instalacións, patrocinadas polo Banco Santander, o CTAG, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, BBVA, a Autoridade Portuaria de Vigo e Abanca, están abertas a toda a comunidade universitaria, contan cun espazo central de formación e mentorización e seis salas multifunción.

125 metros cadrados dedicados integramente ao fomento do emprendemento universitario. A Universidade de Vigo estreou este xoves espazo Incuvi, unhas novas instalacións que substitúen os niños de Cidade Universitaria e coas que a institución académica viguesa busca dar un novo impulso ao apoio de todas as iniciativas empresariais innovadoras que xorden no seo da comunidade universitaria. A idea, tal e como se explicou na presentación, é que este novo espazo se converta en centro neurálxico do emprendemento universitario e que del se beneficie non só o alumnado, tanto o actual como o antigo, senón tamén todo o persoal docente e investigador que poida estar interesado na posta en marcha de accións de fomento do emprendemento.

i18n.one.Series: Espazo Incuvi

Vídeos da mesma serie
Espazo Incuvi, punto de encontro do emprendemento universitario.
As novas instalacións, patrocinadas polo Banco Santander, o CTAG, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, BBVA, a Autoridade Portuaria de Vigo e Abanca, están abertas a toda a comunidade universitaria, contan cun espazo central de formación e mentorización e seis salas multifunción.
17 de feb. de 2022